| Andalucía Andalucía, Andalucía |
|
|---|---|
| Himno: Himno da Andalucía
|
|
| Dominator Hercules Fundator Andalucía por sí, para España y la humanidad (Andalucía por si, para España e para a humanidade.) |
|
|
|
|
| Capital | Sevilla |
|
Área |
|
|
Poboación |
|
| Gentílico | Andaluz, -a |
| Provincias | *Almeria, Cádis, Córdova, Granada, Huelva, Jaén, Málaga, Sevilla |
| Idioma oficial | Castelán |
| Festividade | 28 de febreiro |
| Estatuto de Autonomía | 11 de xaneiro de 1982. |
| ISO 3166-2 | AN |
|
|
|
| Presidente | José Antonio Griñán (PSOE) |
| Xunta de Andalucía | |
| Comunidades autónomas da España |
|
A Andalucía (en castelán Andalucía) é unha rexión de España e está localizada na parte meridional do país, é limitada, comezando a Oeste, en dirección a Este , por Portugal pola Extremadura, pola rexión de Castilla-La Mancha e, finalmente, pola Rexión de Múrcia. A Sur a fronteira é o mar, o Océano Atlântico e o Mar Mediterrâneo, nunha costa con cerca de 910 km. A súa capital é a cidade de Sevilla , onde ten a súa sede a Xunta de Andalucía, mentres o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ten a súa sede na cidade de Granada .
O seu nome provém de Al-Andalus , nome que os musulmáns daban á Península Ibérica o século VIII.
É a segunda maior comunidade autónoma española e ocupa o primeiro lugar na lista das rexións por poboación e tornouse comunidade autónoma en 1982 .A comunidade é recohnecida como nunha Realidade Nacional.
Táboa de contido |
A súa orixe remonta á Pre-Historia o primeiro povoamento da Andalucía datan do período paleolítico. Ao redor de 1.000 a.C. estabelecéronse diversos pobos que a colonizaram entre eles os fenícios, gregos e cartagineses. Reino de Tartessos foi o nome como os grego denominaron a rexión que tiña por liña central o vale do río Tartessos, que despois os romanos chamaron de Bétis e os árabes de Guadalquivir. O século VI a.C, Tartessos desapareceu abruptamente e cando os romanos alí chegaron o reino xa non existía máis. Os cartagineses abandonaron a rexión cando Cartago foi derrotada polos romanos na Segunda guerra púnica.
Os romanos dominaron a rexión e lle deron o nome de Bética e ficaron alí até as invasións dos vândalos e visigodos. Na época do dominio romano a rexión era rica e exportaba viño e principalmente aceite de oliva. Mentres os vândalos permaneceron por pouco tempo na rexión, os visigodos fundaron un reino que durou até a chegada dos musulmáns oriundos do Norte de África e do Próximo Oriente.
En 711 a.C. os árabes invadiron a rexión, un dominio que durou oito séculos e deixou marcas na poboación e na cultura da Andalucía. Estabeleceron un Emirado con capital en Córdoba , que se tornou independente de Damasco o ano de 929 . Este período foi de gran prosperidade sociocultural. A agricultura desenvolveuse moi, tal como as industrias naval, de papel , do vidro, dos tecidos e da cerámica. Probabelmente o nome Andalucía sería unha denominação dos árabes deron aos vândalos (que non conseguían pronunciar o son do "v").
Durante o século XI o califado debilitouse en guerras civís sendo rexión conquistada polos reis católicos feito coñecido como a Reconquista de Granada en 1492. A presenza árabe na rexión pode ser constatada por varios monumentos (como as fortalezas de Alhambra e mesquitas como en Córdoba ) así como palabras encorporadas ao dicionario español).
Despois da conquista castelá, o territorio da actual Andalucía estaba ocupado por catro reinos: Sevilla, Córdoba, Jaén e Granada. Porén, na época o termo Andalucía só desginava os reinos de Jaén, Sevilla e Córdoba. O que é coñecido como territorio actual só se formou tras a Guerra das Alpujarras de 1570-72 cando se deu a total expulsão dos mouros da rexión. Primeiro, os mouros se dispersaron polo Reino de Castela, sendo despois totalmente expulsados da península Ibérica en 1609 .
A campaña de expansión castelá na América durante o século XVI causará un período de esplendor na Andalucía occidental, especialmente en Huelva, Sevilla e Cádiz, debido a súa situación como porta de saída até a América. O Reino de Granada, polo contrario, tiña seus intereses no Mediterrâneo. O século XVIII, a Anadaluzia comezou a ser repovoada por outros pobos vindos de diversas partes doutros países europeos e da rexión que hoxe é coñecida como España.
Até o século XIX a Andalucía viviu un período dourado porén a Guerra pola Independencia Española (ou Guerra Peninsular) e a independencia das colonias españolas foron nefastas. Varias revoltas xorden no territorio da Andalucía entre eles o bandoleirismo (quadrilhas que atacaban viaxeiros). A grave crise economica conduciu aos andaluzes a apoiar a revoluçao de 1868 ("la Gloriosa" ou "la Setembrina") que acabou por destronar a raíña Isabel II. A Primeira República Española fracasa, a monarquía é restituída, asumindo Afonso XII, fillo de Isabel II.
En 1883 é aprobada a Constitução Federal de Antequera, que foi un intento falido por dotar a Andalucía dun estado independente que se integraría voluntariamente como estado federal nunha federacção hispanica. Froito das convulsións vividas desde a revolución de 1868 . É neste momento que moitos sitam o nacemento do nacionalismo andaluz.
Con apoio do rei Afonso XIII, o xeneral Primo de Rivera inicia unha ditadura na España que durou de 1923 a 1930 mais foi só coa proclamação da Segunda Rebública Española que se tentou resolver algúns problemas da Andalucía (anafalbetismo e reforma agraria). En 1939 tras a Guerra Civil Española, o Xeneral Francisco Franco asumiu o poder español e os pequenos adiantos feitos a favor da reforma agraria se perderon. Houben adiantos na rexión con desenvolvemento da industria, turismo e transporte. Coa morte de Franco, a España institúe o réxime de monarquía parlamentarista.
En 1980 , a Andalucía adquiriu súa autonomía propia e comezou súa lenta recuperación. En 1992 , inaugurouse o tren de alta velocidade entre Sevilla e Madri e se celebrou a Exposición Universal de Sevilla.
É a segunda comunidade autónoma española en extensión territorial perdendo para Castela e León.
A rexión é influenciada por un clima aderezado mediterrânico cuxas características varían conforme o relevancia. Na Costa do Sol é o mediterrânico subtropical, con temperaturas amenas no inverno e non moi elevadas no verán. A área de Almeria é de máis árida de toda a Europa e nas montañas a temperatura é moi baixa no inverno, sendo acompañada de precipitación abondosa en forma de neve.
Comprende tres unidades fundamentais:
O maior río da Andalucía é o Guadalquivir (657 km), nace na serra de Cazorla (Jaén), pasa polas cidades de Córdoba e Sevilla, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz). Outros ríos importantes: Guadiana, Odiel-Tinto e Guadalete-Barbate.
A Andalucía é a primeira Comunidade Autónoma española canto á poboación, que en 2006 era de 7.975.672 habitantes. Esta concéntrase sobre todo nas capitais provinciais e na costa, polo que o nivel de urbanización da Andalucía é bastante alto; Metade da poboación andaluza concéntrase nas 26 cidades con máis de 50.000 habitantes. En termos de poboación é importante demarcar as seguintes áreas(en 2006):
A cidade máis populosa da Andalucía é Sevilla con 704.414 habitantes. Seguida por Málaga (560.631 habitantes), Córdoba (322.867 habitantes), Granada (237.929 habitantes) e Jerez de la Frontera (206.274 habitantes). .
A Andalucía é unha comunidade autónoma española. O seu Estatuto de Autonomía estabelem de goberna da rexión a Xunta da Andalucía, o Parlamento da Andalucía e o Tribunal Superior de Xustiza da Andalucía. O órgano executivo é o Consello de Goberno da Andalucía e o Parlamento elixe 109 deputados.
A Andalucía adquiriu súa autonomía en 1980 tras recorrer ao artigo 151 da Constitução española de 1978 .
A comunidade da Andalucía divídese en oito provincias (actualmente son 50 provincias españolas, segundo o Decreto de 1833 de División Provincial, planeada por Javier de Burgos. Estas provincias, á súa vez, divídense en 770 municipios. As provincias son as seguintes:
A Andalucía é rica en recursos minerais como carbón, chumbo, cobre, ferro, quartzo, prata, mármore e tamén exporta sal a partir de Cádiz e Huelva. Os recursos pesqueiros están case esgotados e a industria está pouco desenvolvida, exceptuando a de o turismo, que é de máis rentável. É sobre todo forte na produción de aceite (70% do total español), arroz, froitas, trigo, plantas industriais e na produción de gado . Os viños finos de Jerez son moi famosos e de gran calidade. O comercio está moi desenvolvido e ocupa máis do 50% da poboación activa.
Situada ao sur da España nunha das rexións máis quentes e con varias praias, a Andalucía proporciona turismo de "sol e praia". A súa costa é dividida en Costa da Luz (Huelva e Cádiz), banhada polo océano Atlântico, Costa do Sol (parte de Cádiz e Málaga), Costa Tropical (Granada e parte de Almería) e Costa de Almería, banhadas polo mar mediterrâneo. O turismo cultural máis coñecidos son Alhambra (Granada), a Giralda e a Catedral de Santa Maria (que é a maior catedral da España) en Sevilla e a mesquita de Córdoba. A Tourada e o Flamenco tamén atraen a moitos turistas ao Sur de España. Aínda inclúen algunhas catedrais, igrexas, castelos e fortalezas.
O Comercio co exterior faise por vía marítima a través dos portos de Cádis, Málaga, Algeciras, Huelva e Sevilla. As autoestradas aseguran a súa accesibilidade ao resto do país. A través da liña ferroviaria de alta velocidade - AVE -, a Andalucía estabelece conexión directa co centro do territorio e nun futuro breve farao con toda a Europa. Os aeroportos de Málaga e de Sevilla concentran 70% do tráfico aéreo. En Sevilla o metro é unha realidade desde 2009, e Málaga e en Granada está tamén a ser construído.
krc:Андалусия