| Amarelo | ||
|---|---|---|
| — Coordenadas da cor — | ||
| Trip. Hex | #FFFF00 | |
| RGB | ( 255, 255, 0 ) | |
| CMYK | ( 0, 0, 100, 0 ) | |
| HSV | ( 60, 100, 100%) | |
O amarelo(Cor) é unha cor-pigmento primaria e cor-luz secundaria, resultado da sobreposição das cores vermella e verde. Encóntrase entre as faixas 565 nm e 590 nm do espectro de cores visíbeis.
É considerado o máis expansivo entre os matices, así como o que máis atrae os ollos. A explotación de seu uso ten unha gran importancia na obra de Vincent van Gogh.
O amarelo era a cor-símbolo do Emperador da China e por consecuencia, da Monarquía chinesa. Amarelo é a cor do curso de Medicina.
Para os estudiosos en seguranza persoal e patrimonial, é a cor máis adecuada, pois calquera corpo que teña o amarelo como fondo – mesmo so a escuridade – é facilmente perceptível, sendo así a cor recomendada para muros e portóns.
En moitos países, o amarelo é usado para representar os taxis. A cor tamén acostuma ser usada nas "páxinas amarelas" das listas telefónicas para designar anuncios clasificados.
Na natureza a cor amarela maniféstase en froitos , flores e tamén en animais (en xeral velenosos, como cobras e sapos).
Sinal do semáforo que obriga o condutor que aínda non entrou na correspondente interseção ou aínda non atravesou a correspondente faixa de peóns a non facelo, excepto se estiver tan próximo ao local de parada que a frenagem esixida poida vir a causar un accidente.
Seu dimensionamento incorreto é unha das principais causas de accidentes nos cruzamentos con semáforos. Nunca debe ser inferior a catro segundos en vías arteriais e inferior a tres segundos en vías coletoras ou locais.
| Tripleto hexadecimal | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Negro | Cinzento | Prata | Branco | Vermello | Bordô | Púrpura | Fúchsia | Verde | Lima | Oliva | Amarelo | Azul | Naval | Verde-azulado | Auga | ||
pnb:پیلا