| Alfredo Marceneiro | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Nome completo | Alfredo Rodrigo Duarte |
| Data de nacemento | 25 de febreiro de 1891. |
| Orixe | |
| País | |
| Data de morte | 26 de xuño de 1982 , Lisboa |
| Xéneros | Fado |
| Páxina oficial | http://www.alfredomarceneiro.com/ |
Alfredo Rodrigo Duarte ComIH (n. Lisboa, 25 de febreiro de 1891 - m. Lisboa, 26 de xuño de 1982 ) máis coñecido como Alfredo Marceneiro debido a súa profesión, foi un fadista Portugués que marcou unha época, detentor dunha voz inconfundíbel tornándose un marco deste xénero da canción en Portugal .
Alfredo Marceneiro naceu na freguesía de Santa Isabel en Lisboa, e foille posto o nome de baptismo de Alfredo Rodrigo Duarte.
Era fillo dunha familia moi humilde, oriunda do Cadaval. Coa morte do pai tivo que deixar a escola primaria. Comezou entón a traballar como aprendiz de encadernador para axudar o sustento da súa nai e irmáns.
Desde pequeno, sentía grande atracção para a arte de representar e para a música. Xunto con amigos comezou a dar os primeiros pasos cantando o fado en locais populares comezando a ser solicitado pola facilidade que cantaba e improvisar a letra das cancións.
Un día, coñeceu Júlio Janota, fadista improvisador, de profesión marceneiro que o convenceu a seguir ese ofício que lle daría máis salario e máis tempo dispoñíbel para se dedicar á súa paixón.
Alfredo Marceneiro era un rapaz vaidoso. Andaba sempre tan ben vestido que gañou o alcume de Alfredo Lulu. Era, tamén, moi namoradeiro. Apaixonouse por varias raparigas, chegando a ter fillos con dúas delas. As aventuras terminaron cando coñeceu Judite, amor que durou até á súa morte e co cal tivo tres fillos.
En 1924 , participa no Teatro San Luiz, en Lisboa, na súa primeira Festa do Fado e gaña a medalla de prata nun concurso de fados.
Os anos 1930, Alfredo Marceneiro traballou nos estaleiros da CUF, onde facía móbiles para navíos. Dividía o seu tempo entre as cancións e o traballo. A súa presenza nas festas organizadas polos obreiros era sempre motivo de alegría.
En 3 de xaneiro de 1948 , foi consagrado o Rei do Fado no Café Luso.
Reformouse en 1963 , tras unha carreira rechea de logros, nunha gran festa de despedida no Teatro San Luiz.
Dos moitos temas que Alfredo Marceneiro cantou destácase a Casa da Mariquinha, de autoría do xornalista e poeta Silva Tavares.
Faleceu o día 26 de xuño de 1982 con 91 anos, na mesma freguesía que o viu nacer.
O día 10 de xuño de 1984 , foi condecorado, a título póstumo, coa Comenda da Orde do Infante D. Henrique polo entón Presidente da República Portuguesa, Xeneral Ramalho Eanes.