| [[Ficheiro:|center|250px]] | |
| Concello | Póvoa de Varzim |
| Área | 3,63 km² |
| Poboación | 4 530 hab. (2001) |
| Densidade | 1 248 hab./km² |
| Localización no concello de Póvoa de Varzim | |
| Fundación | 1933 |
| Orago | Nosa Señora da Boa Viaxe |
| Código postal | 4495 PÓVOA DE VARZIM |
| Freguesías de Portugal. |
|
Aguçadoura é unha freguesía portuguesa do concello da Póvoa de Varzim, con 3,63 km² de área e 4 530 habitantes (2001). Densidade: 1 248 hab/km².
A súa creación data de 1933 (até ese ano formaba parte da freguesía de Navais ), sendo por iso de máis nova freguesía do concello.
Táboa de contido |
O seu nome deriva de petra aguzadoira (pedra de aguçar ferramentas agrícolas).
Sitúase xunto á costa, 6 Km a norte da cidade da Póvoa de Varzim, tendo como límites o mar a oeste, e as freguesías da Estela a norte, Navais a este e Aver-o-mar a sur.
A freguesía é constituida por sete lugares: Aldea, Areosa, Caturela,Codicheira, Fieiro, Granjeiro e Santo André.
Aguçadoura posúe unha costa de cerca de 3Km de onde se destacan as seguintes praias: Praia de Santo André, Praia da Codicheira e Praia da Barranha.
O gráfico seguinte mostra a evolución demográfica de Aguçadoura desde 1940. Non existen datos oficiais anteriores a 1940 debido ao feito de até 1933 Aguçadoura estar incluida na freguesía de Navais.
| Lugar | Poboación (2001) |
|---|---|
| Aldea | 547 |
| Areosa | 767 |
| Caturela | 529 |
| Codicheira | 1655 |
| Granjeiro | 302 |
| Santo André[1] | 730 |
Nº de habitantes 
A primeira referencia histórica a esta povoação aparece na Inquisição de 1258, <<...in Petra Aguzadoira que est in termino de Nabaes.>> Polas mesmas Inquirições de 1258, D. Ouroana Pais Correia fixo aí tres parellas.
A instalación dos primeiros habitantes foi bastante difícil pois Aguçadoura encóntrase practicamente asente en dunas e a continua agresión das areas movidas polo vento impedía a fixação das poboacións.
Só a partir do séc. XVIII a que a povoação tomou algunha importancia pois en 1730 xa contaba con cerca de 25 familias e a mediados do séc. XIX a poboación era xa superior ao resto da freguesía de Navais .
No comezo de séc. XX o ambiente entre os habitantes do lugar de Aguçadoura e as autoridades civís e relixiosas de Navais deteriorouse debido aos desexos dos Aguçadourenses en formaren unha freguesía á parte.
Os animos agudizaram-se cando o Pároco de Navais prohibiu as celebracións do mes de maio na capela de Aguçadoura, o que non foi acatado pola poboación. Até que en 29 de setembro de 1933 morre o Pároco de Navais, de nome Manuel Ribeiro de Castro (que fora Alcalde da Póvoa de Varzim os anos finais da monarquía) que sempre foi o maior opositor á separación de Aguçadoura.
Pasado menos dun mes, a 24 de outubro de 1933, o goberno polo decreto-lei 23.164 dese día decreta a elevación de Aguçadoura á categoría de freguesía , separándoa de Navais á cal sempre pertencera.
Di así o decreto-lei 23.164 de 24 de outubro de 1933:
Con todo a fronteira con Navais á luz deste decreto-lei era moi duvidosa, por iso foi necesario outro decreto-lei para defenir a fronteira.
Di así o decreto-lei nº29.906 de 22 de agosto de 1936:
A pesar de xa en 1730 os Aguçadourenses teren petición para aí se construír unha capela, o que sempre foi negado polas autoridades relixiosas de Navais, só en 1873 iso foi posíbel sendo ese ano inaugurada a capela.
Foi entón estabelecida como padroeira do lugar de Aguçadoura, Nosa Señora da Boa Viaxe, debido ao feito de que case todos os seus habitantes teren familiares emigrados no Brasil e en África .
A creación da paróquia é efectuada en 25 de xullo de 1934, case un ano tras a creación da freguesía.
No entanto debido ao elevado crecemento demográfico a capela comezou a revelarse pequena para as necesidades da comunidade e en 1952 comezou a construírse unha nova igrexa que é hoxe a maior de todo o municipio.
Da antiga capela resta aínda a fachada que pode ser vista fronte á nova igrexa.
As festas en honra da padroeira (Nosa Señora da Boa Viaxe) realízanse todos os anos o último domingo de xullo.
Desde sempre que a principal actividade económica en Aguçadoura foi a agricultura, nomeadamente o ramo hortícola que se tornou predominante nas últimas décadas, sendo hoxe un dos principais centros produtores do país.
Os mercados do gran Porto e do Miño son hoxe abastecidos con enorme cantidade e variedade de produtos alí producidos, destacándose a cebola, as couves, a alface e o tomate, ben como moitos outros produtos. De salientar aínda a exportación de produtos hortícolas como o tomate e a alface para outros países da Comunidade Europea, principalmente para España e Francia.
Esta agricultura próspera e produtiva debe o seu logro á transformación de dunas áridas en fertéis terreos arenosos denominados de campos masseira.
É en Aguçadoura que se localiza a sede da HORPOZIM - Asociación dos Horticultores da Póvoa de Varzim, fundada en 1987 e que ten como principal función a defensa da Horticultura Local.
A par da horticultura e da agricultura tradicional existen tamén floricultura, aínda que en pequena escala.
Do mar sae o sargaço que despois de collido e debidamente seco é utilizado polos locais como fertilizante para os seus terreos, a pesar da súa utilización xa non ser tan importante como no pasado, debido á utilización de compostos quimícos e orgánicos de orixe indústrial.
Do mar de Aguçadoura sae tamén enerxía eléctrica, pois foi alí instalada unha central de aproveitamento da enerxía das ondas en réxime experimental.
A pesar da agricultura ser a principal actividade económica, tamén teñen papel relevante na economía local algunhas pequenas empresas ligadas á construción civil, comercio e pequenas fábricas textêis.
Desde a realización das primeiras eleccións locais en 1976 que o PPD/PSD gañou todas as eleccións para a asemblea de freguesía.
No cadro seguinte móstranse os resultados das últimas eleccións realizadas en 2009.
| Data | Inscritos | Votantes | Partido | Votos | Mandatos | Presidente da Xunta elixido |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2009 | 4090 | 2243 (54.84%) | PPD/PSD
PS CDS-PP |
1234 (55.02%)
563 (25.10%) 378 (16.85%) |
6
2 1 |
Sérgio Augusto Rodrigues Cardoso (PPD/PSD) |
Lista dos presidentes de xunta desde a fundación da freguesía:
| Orde | Nome | Inicio | Fin | Obs. |
|---|---|---|---|---|
| * | Alfredo Martíns Torres | 1933 | 1937 | * Comisión administrativa |
| 1º | Manual Francisco Alves | 1937 | 1941 | |
| 2º | Constantino Gonçalves Carreira | 1941 | 1945 | |
| 3º | Bernardino José Torres | 1945 | 1950 | |
| 4º | Artur José Pereira dos Santos | 1950 | 1952 | |
| 5º | Manuel Dourado Valentim | 1952 | 1967 | |
| 6º | Adelino André da Costa | 1967 | 1972 | |
| 7º | David Alves Correia | 1972 | 1974 | |
| * | Florindo Boucinha Gomes | 1974 | 1976 | * Comisión administrativa |
| 8º | Basílio Correia Rosa | 1976 | 1979 | |
| 9º | Ermelindo Eusébio Torres | 1979 | 1985 | |
| 10º | Alípio Fontes da Costa | 1985 | 1989 | |
| 11º | Ezequiel Leandro da Costa Moreira | 1989 | 2001 | |
| 12º | Sérgio Augusto Rodrigues Cardoso | 2001 |
Aguçadoura posúe un abano ampliado de organizacións nas máis diversas áreas, destacándose o Grupo Cultural e Recreativo Aguçadourense que é o principal dinamizador cultural e deportivo posuíndo varias seccións, destacándose o airsoft, o atletismo e o karaté; o Aguçadoura F.C que se dedica á practica do fútbol e o Rancho Folclórico da Casa do Pobo de Aguçadoura.
De realçar o papel social da paróquia na vida da comunidade dado que é a ela que se debe a existencia de xardíns de infancia e outros campos sociais, sendo inaugurado recentemente o novo Centro Social e Paroquial.