Afonso II das Asturias, o Casto (Oviedo, 759/760 — 842) foi Rei das Asturias de 791 a 842. Era fillo de Fruela I e Munia, neto de Afonso .
Tras a morte de seu pai, ficou aos gravames da súa tía Adosinda (esposa de Silo das Asturias), aínda que exista unha lenda que indique que el fose levado para o mosteiro de Samos, na Galiza. Tras a morte de Silo, que lle confiara o goberno do Palacio, é escollido para rei debido ao apoio da tía e da corte. Porén, o seu tío Mauregato organizando unha forte oposición, consegue depôr Afonso, que se refuxia en Álava cos seus parentes maternos.
Cando Bermudo I renuncia ao trono debido á derrota na Batalla de Burbia, Afonso regresa ás Asturias e é proclamado rei a 14 de setembro de 791 .
Sábese que mantiña contactos co emperador Carlos Magno; existen rexistros de que tres delegacións asturianas viaxaron até á corte dos Francos os anos de 796 , 797 e 798, aínda que se descoñezan a axenda. Entre as hipóteses para os reais motivos destes traslados encóntranse a intención de manter a integridade do seu reino fronte aos ataques musulmáns na fronteira oriental das Asturias e posibelmente para discutir os efectos do Adopcionismo, contra o cal Carlos Magno loitaba activamente.
Tomou Lisboa en 798 e venceu os musulmáns no río Nalón e en Anceo (825). Grazas ás vitorias sobre os musulmáns, afirma a súa presenza na Galiza, León e Castela, repovoando-os.
Fixou a corte en Oviedo , onde construíu varias igrexas e un palacio. Actualmente só restan ruínas da Igrexa de Santo Tirso. Nas inmediacións de Oviedo erigiu a igrexa de Santullano.
A crónica Sebastianense di del que morreu en 842 «tras conducir, por 52 anos, de forma casta, sóbria, inmaculada, piedoso e gloriosamente o goberno do reino».
Di a lenda que foi durante o seu reinado que foi descuberto o túmulo do apóstolo San Tiago, por un ermita de Compostela o ano 814, convertendo así a cidade nun centro de peregrinación para toda a cristandade. Segundo a lenda, Afonso sería o primeiro peregrino da historia.
| Precedido por Bermudo I |
Rei das Asturias 791 - 842 |
Sucedido por Ramiro I |
mwl:Fonso II de las Asturias