O Açoriano Oriental é un periódico açoriano. É o xornal diario máis antigo de Portugal .
Catro meses antes da fundación do "Açoriano Oriental" fora promulgada a primeira lei de liberdade de prensa en Portugal.
Fundado a 18 de abril de 1835 por Manuel António de Vasconcelos, este xornalista estabeleceu, xa no primeiro número do novo periódico, o que hoxe se chamaría de "estatuto editorial", e que aínda hoxe é considerado, polo seu vigor e sobriedade, unha notábel peza xornalística.
Actualmente é xestionado pola Açormedia, S.A. e dirixido por Paulo Simões.