Un trampantojo (ou «trampa ante o ollo», tamén chamado trompe l'œil , expresión francesa que significa que «engana o ollo») é unha técnica pictórica que intenta enganar a vista xogando coa perspectiva e outros efectos ópticos.
Os trampantojos adoitan ser pinturas murales realistas creadas deliberadamente para ofrecer unha perspectiva falsa. Poden ser interiores (que representan mobles, fiestras, portas ou escenas máis complexas) ou exteriores, en muros de edificios.
Tamén poden atoparse trampantojos pintados en mesas (aparentando naipes dispostos para unha partida, por exemplo) ou outros mobles.
Malia que os trampantojos son máis propios da pintura tamén existen famosos «enganos» en arquitectura, algúns dos máis coñecidos son a Scala Regia no vaticano de Gianluca Bernini ou a Galería Spada do Palazzo Spada de Borromini, nestes casos trátase de contrarrestar certas impresións ou modificar a percepción do espazo mediante efectos arquitectónicos, como variar a altura das columnas para conseguir, no caso da escaleira, que esta pareza moito máis profunda.
Contido |
Os trampantojos tamén foron utilizados con profusión no cine ata a aparición dos efectos especiais digitales. Desde simular unha vista exterior a través dunha fiestra en escenas rodadas en decorados interiores, ata a simulación de todo un "grandioso" decorado exterior.
Un método habitual (Matte en inglés) era pintar o "gran" exterior (cidades, ceo, etc.) nunha táboa de madeira de poucos metros que se situaba relativamente preto da cámara pero ocupando só unha parte do encadre, mentres que a escena real tiña lugar máis lonxe e ocupando o resto do encadre da cámara; así, facendo coincidir o bordo do trampantojo pintado coa escena real, o efecto é que todo se desenvolve nun gran escenario, cuxo custo de construción fose prohibitivo. Ata se podía chegar a ter todo o decorado como trampantojo, ocupando todo o encadre , e só a través dun oco nel tiña lugar a escena real. Podriamos dicir que no cine, para conseguir este efecto de ilusión óptica, xógase con elementos como a escala(dos distintos elementos que conforman a perspectiva) así como a distancia da camara ao obxecto filmado, e a profundidade de campo.
Unha variación é o método Schüfftan (polo seu inventor Eugen Schüfftan), no que diante da cámara o que se colocaba era un espello parcialmente transparente (sen parte da película reflectante do espello). Na parte espejada reflectíase o trampantojo e a través da parte transparente tiña lugar a escena real.
Os pintores hiperrealistas utilizan con frecuencia o trampantojo.