O tondo (tondi en plural) é unha composición pictórica que está realizada en forma de disco, e non en rectángulo como é tradicional. O término provén do italiano rotondo, "redondo".
Os tondi foron creados na Antigüidade, por exemplo abunda na cerámica grega de figuras vermellas, sobre todo no fondo das copas chamadas kílix (da que deriva a palabra «cáliz»). Consérvase unha destas copas co retrato de Menandro, comediógrafo grego do século IV a. C., enmarcado nunha composición circular.
Pero é durante o Renacimiento cando coñece o seu apoxeo, en boga desde que os pintores italianos o reintroducen, ao redescubrir sobre todo a imago clipeata romana. No século XVI, o estilo pictórico do istoriato para a decoración de mayólica foi aplicado a grandes pezas cerámicas circulares.
Andrea della Robbia e outros membros da súa familia crearon tondi de terracota vítrea, que a miúdo estaban enmarcados dentro dunha coroa de froitas e follas, que se encaixaban en paredes estucadas.
Igualmente, a partir do Renacimiento é utilizado como elemento arquitectónico. No Spedale degli Innocenti de Florencia, orfanato deseñado polo arquitecto Filippo Brunelleschi entre 1421 e 1424, Andrea della Robbia encargouse (c. 1490) dos tondos de terracota vítrea, con bebés en pañales sobre discos de cor azul claro, para ser colocados nas enjutas dos arcos, encima de cada columna. Originalmente concibidos por Brunelleschi de cor branca subsisten algúns tondos orixinais, pero outros son copias do século XIX.[1]
O tondo púxose de moda no século XV en Florencia , con Botticelli quen pintou varias Madonnas como a Virxe do Magnificat, e escenas narrativas. Miguel Anxo empregou tondos circulares en varias composicións, pintadas e esculpidas, como o Tondo Taddei, o Tondo Doni na Galería Uffizi.[2]
Contido |
O círculo, a esfera e o disco remiten á idea de perfección (véxase cuadratura do círculo).
Situado nos teitos, o tondo está asociado a miúdo a tipos de pinturas alegóricas chamadas Apoteoses, que serven para deificar aos poderosos representándoo no aire. Son máis ben decoraciones do tamaño dos frescos murales e non tanto dos cadros redondos.
O fillo pródigo do Bosco. |
Virxe do Magnificat de Botticelli. |
Apoteose de George Washington. |
Tondo de Andrea della Robbia. |
Tondo de Menandro. |