| Nikon Corporation | |
|---|---|
| Nikon | |
| Tipo | Empresa privada, TYO: 7731 |
| Fundación | 1917 |
| Sé | Tokio, |
| Industria | Óptica, fotografía |
| Produtos | Instrumentos de precisión, cámaras, microscopios, lentes para lentes |
| Ingresos | 638.000 millóns de yenes |
| Empregados | 16.758 |
| Sitio web | www.nikon.com |
Nikon Corporation (ou Nikon, Nikon Corp.) é unha sociedade xaponesa fundada en 1917 , actualmente un dos líderes no sector da fotografía e da óptica. Produce cámaras fotográficas, prismáticos, microscopios, e instrumentos de medición.
Contido |
A sociedade foi creada no 1917, co nome Nippon Kōgaku Kōgyō (日本光學工業株式會社), produto da unión de dúas sociedades líderes no sector da óptica. A sociedade especializouse na construción de lentes e instrumentos de precisión para fotocámaras, prismáticos, microscopios e instrumentos de medición. Durante a Segunda Guerra Mundial Nikon converteuse en proveedora de prismáticos, periscopios e outros instrumentos ópticos para o exército xaponés, e creceu ata contar con 19 establecementos industriais e 23000 empregados. Despois do final da guerra, regresou á produción civil, reducíndose a unha soa fábrica e 1400 empregados. En 1946 tomou o nome Nikon, da unión Nippon Kōgaku ("óptica xaponesa") coa palabra Ikon, unha referencia á Zeiss.
Entre os produtos máis soados da Nikon pódense citar os obxectivos Nikkor, as cámaras SLR da serie F, as cámaras subacuáticas Nikonos e, recientemente, a serie D das SLR digitales ou DSLR. A serie D (sobre todo modelos como Nikon D300, Nikon D90 e Nikon D40), xunto á serie Coolpix, contribuíron notablemente á popularidade da fotografía digital a entre principiantes e semiprofesionales.
Entre os principais competidores da Nikon pódense citar Canon, Leica, Pentax. En particular, Nikon e Canon dispútanse unha notable porción dos fotógrafos principiantes, semiprofesionales e profesionais. Aínda que agora Nikon empezou a xogar duro coa súa nova serie D300 e D3 que deixan á marca en moi boa posición. No caso da D3 sendo a cámara profesional que se vende en serie que fai ráfagas máis rápidas (11fps) do mundo.
Nikon se cotiza na bolsa de Tokio co código 7731. En setembro de 2004, os accionistas eran:
As sociedades do grupo Nikon constitúen o Nikon Group.
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| -O verde indica que usa un Sensor de 35mm- | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nikon posúe unha división que se ocupa da produción de obxectivos, a Nikkor, contracción en xaponés do nome Nippon Kogaku K.K engadindo a R final.
A marca Nikon é mencionada na canción "Rosa de Lima" de Joaquín Sabina.